|
|
|
|
| Acceso restrinxido |
|---|
| Sindicación |
|---|
Inicio
| Pesca e Poder (Eloi Saavedra) |
|
|
|
| Luns, 15 de Febreiro de 2010 | |||||
Estamos pois ante un concepto moi amplo, que ainda que sexa interpretado pola xente como un concepto xurídico-represivo ten unha amplitude moito maior. Xa que logo é o concepto de poder, a representación ou materialización de toda a serie de estructuras interpersoais que dan lugar ás estructuras inmateriais nas que se basea o funcionamento social. Polo tanto non nos confundamos, posiblemente algúns pensen que estas liñas van de como nos avasalan dende a administración, pero non, imos tratar de entender como é posible que unha parte da sociedade galega, cifrada en máis de 80.000 individuos se facemos caso das estimacións de licencias de pesca fluvial, pode ser tan puteada e ninguneada como este colectivo. Quizais parte destes males veñan dos micropoderes que se estableceron en altas estancias administrativas por parte de determinado estamento de técnicos que non queren deixar de ter as cotas de poder e recursos que se lles asignaron (ou tomaron) a cargo dos programas de recuperación de rios en Galicia (sic). Outra posibilidade é que os poderes fácticos da economía que poden ver ameazados os seus intereses (minicentraleiros, macrocentraleiros, contaminadores vareados, etc) inflúan neste colectivo funcionarial para que nos ningunee. Pero isto non pode explicar a situación actual de invisivilidade social do colectivo antes referido. Desta maneira soamente me queda unha opción: NOS MESMOS SOMOS OS RESPONSABLES DESTA INVISIBILIDADE SOCIAL. E poño o exemplo dun grupo que si ostenta poder fáctico. Este grupo é o movemento ecoloxista. Son moitos menos que nos, non teño datos pero a súa afiliación non creo que sobrepase en moito os 4.000-5.000 afiliados, sendo optimistas. A cambio desta parca afiliación, teñen unha visibilidade social mais que importante, conseguindo en moitas ocasións que as súas propostas, ou mais comunmente protestas, teñan que ser rebatidas por moitos estamentos sociais que teñen intereses enfrontados ós seus e en moitas ocasións e en teoría teñen mais representación social, tanto numérica como identitaria. ¿Qué os diferencia de nós? Sen dúbida a ben estudiada de funcionar como un lobby ou grupo de creadores de opinión. O seu proceder baséase en que calquera que se opoña aos seus intereses, ainda que estes sexan perfectamente lícitos, deberá proceder a facer unha xustificación dos mesmos para ter algunha credibilidade. Algunha xente estará a pensar en que isto se debe á conciencia ecolóxica emerxente na nosa sociedade. Algo disto hai, pero non nos enganemos, o 70% da sociedade non ten este novo sentir, e nembargantes estes grupúsculos seguen a ser creadores de opinión e censores autorizados. Pero no seu proceder hai dous feitos ben craros: - Sempre entran en prensa con titulares que eles mesmos inician, e polo tanto isto dalles a vantaxe de iniciar o debate nunha postura de forza, debendo o colectivo ou persoa enfrontado ás súas opinións demostrar longamente os seus argumentos, non así eles que xogan a atacar, nunca a defenderse. - Por outro lado, a pesar de ser un colectivo totalmente heteroxéneo xamais deixan ver esta debilidade en público, co que xa levan gañada outra batalla. Si un grupo con tan pouca base social (por moito que eles digan que TODA a sociedade pensa o mesmo, feito indemostrable, pero que os que non pensamos o mesmo debemos de xustificar e demostrar) pode ter unha visibilidade social tan alta ¿qué nos impide aos pescadores tela? O quid da cuestión posiblemente estea nas persoas ás que lles encomendamos a nosa representación. O problema da Federación Galega de Pesca posiblemente sexa que tratan, ó igual que o movemento ecoloxista, de arrogarse a representación de 80.000 persoas que pescan, pero este feito cada vez queda mais no aire, e ata costa crer que poidan representar aos menos de 3.000 federados que están no seu organigrama. Quizais os feitos e decisións erráticas pesan moito na invisibilidade desta Federación actual, pero non é menos certo que estes procedementos de actuación seguen a ser a súa moeda de cambio actual, co que esta visibilidade escasa ou mais propiamente nula se perpetua. O feito é que o poder de que goza esta institución, tanto na súa relación coa Administración, como coa presenza escasa nos medios de comunicación, é un valeiro absoluto. E todo isto conduce a que os anceios e reclamacións do colectivo de pescantíns nunca cheguen aos responsables últimos de darlle resposta: OS POLITICOS. A clase política galega é evidente que, na súa maior parte, pouco saben do noso mundo. Os nosos representantes da Federación xa vemos que pouco fan por facerse ver como por transmitir as queixas da súa base. Quizais xa é tempo de que se temos craro que os nosos representantes autorizados federativos (segundo din eles) non fan que o noso colectivo dispoña de poder decisorio, encetemos unha nova xeira de facer representación do colectivo de pescantíns non baseado en estructuras preconstitucionais coma a Federación senon noutras mais de base como as Sociedades de Pesca. As Sociedades de Pesca, ao igual que a Federación poden ser estructuras anquilosadas e sen vida social. Pero isto non é o común. A pesar das eivas na financiación que presentan os convenios coa consellería de Medio rural como entidades colaboradoras (en moitos casos non se pode dispoñer do colchón financieiro suficiente para optar a unhas axudas das que non se sabe a cuantía concedida ata o momento en que se cobran, e despois veñen os problemas) creo que o traballo que desenvolvemos as sociedades colaboradoras, é mais que relevante no que atingue á conservación dos nosos ríos, nalgún caso incluso por riba das nosas posibilidades coma no caso de Salmo, enfrontándose ao xigante de Ferroatlántica. Esta forma de ver as cousas tratouse de plasmar nos acordos de colaboración de Tor. Lamentablemente a paralización deste centro por problemas internos privounos dunha plataforma da que partir. Non obstante insisto en que este é o camiño, e que a lexitimidade que nos dan os nosos traballos a prol das augas fluviais, debe ser suficiente para tomar o noso papel na representación e visibilización do mundo da pesca deportiva. Creo que temos a obriga de que o concepto de poder se poida aplicar ás organizacións de pescadores, non polo que marca o seu nome e estatutos, senon pola importancia da laboura que levan a cabo a cotío. Os políticos son creadores de problemas en tanto que sobre todo nos seguintes estamentos non cumpren coas súas obrigas: - Administración local: o saneamento de augas fecais. - Administración autonómica (Medio Rural e Medio Ambiente no caso): paralización dos aproveitamentos minihidráulicos. Fálase de que se van desbloquear en datas próximas 31 aproveitamentos, e non parece existir intención de rescatar os mesmos (opción que plantexaba acertadamente ao meu ver, o governo do bipartito) E se os políticos non cumpren con estes dous temas troncales para a supervivencia dos ríos me temo que en vez de H2OT (Hidróxido de troita) teríamos H2OM (Hidróxido de merda) (Moralejo dixit). Proposta da Consellería de Medio Ambiente para asumir as competencias municipales de depuración de augas residuales. Non sabedes o que me alegra que este tema, que en decembro de hai dous anos se lles plantexou a unha serie de responsables políticos do Partido Popular (encabezados polo Sr. Castiñeiras), tomaran boa nota da proposta que se lles fixo no marco dunha reunión con sociedades de pesca. Esta proposta por certo non foi ben acollida por un dos políticos presentes nesa mesa (problemas legales decía), pero finalmente parece ser que si é valida. Sin entrar á analise a fondo desta noticia, non poido deixar de pensar que o feito de que Augas de Galicia centralice o control do tratamento das augas residuales, poida que mellore sustancialmente o estado das augas dos nosos ríos. E esta proposta foi feita nunha reunión na que creo que non nos dedicamos a facer declaracións nin boas palabras, na que incluso se lles advirteu a aqueles políticos presentes que si non cumprían cós seus compromisos, e voltaban ás andadas có tema minicentraleiro teríannos enfronte como asociacións comprometidas cós noso ríos e como cidadáns responsables. Esta proposta que en principio parece máis que razoable polo que ten de deixar sen as competencias a alguen que non tiña cartos e recursos para materializar as súas obrigas (non creo esaxerar si digo que un 90% dos concellos de Galicia non teñen recursos suficientes para este capítulo ou prefiren invertilos noutros capítulos). Pero ollo, ¡¡¡De non ter controis e auditorías rigurosos, esta centralización e mellora da explotación das plantas EDAR en mans de Augas de Galicia, que evidentemente subcontratará este servicio o mesmo que se fai hoxe, quedará como unha quimera. O paso lóxico estará na creación dun organismo consultivo que vixíe os obxectivos de saneamento, no que obviamente deberían estar integradas as sociedades de pesca. Outro tema que debería centrar os esforzos e creacións de presións por parte do noso colectivo entendo eu que é o referido ó estamento dos técnicos da Xunta. Entendo eu que o labor dos técnicos debe ser dupla: - Por un lado, deben diagnosticar e atopar soluciones aos problemas que presentan os nosos ríos. - Por outro, deben buscar solucións ás demandas dos cidadáns, que por fin son os que pagan as súas nóminas. Non se entendería a primeira condición sin a segunda, nin á inversa. Pero para algún estrato dos técnicos isto non é importante, e moitas veces toman decisións que atentan contra os dereitos dos cidadáns sen titubear e sen xustificar as mesmas ante ningún organismo que defenda a estes. Non se entende que moitos presidentes de entidades colaboradoras (eu mesmo incluído) non coñeceramos aos delegados provinciais nin de vista, e parte dos técnicos da Dirección Xeral nos sonen de publicacións únicamente. O problema de entendemento é evidente, pero me queren dicir ¿Cómo imos respectar e valorar o seu traballo, se non os coñecemos persoalmente, e non nos explican as súas actacións? Iso sí, logo podemos atoparnos con que se toman decisións acerca dos nosos cauces sin consultarnos previamente a nosa opinión acerca destas medidas (e o que é peor, posiblemente descoñecendo parte das realidades sobre as que van intervir). O concepto de TECNICO TOCADO POLA VARIÑA DA CIENCIA=SER INFALIBLE, posiblemente teña que ser revisado, e sobre todo cando están a demostrar cunha regularidade preocupante descoñecer o contexto que rodea ós ríos nos que interveñen. En canto á oposición ás minicentrais creo que xa todo está dito. De non dar atrás na luz verde que se lles deu aos novos aproveitamentos hidraulicos, que se saiba que nos poñeremos en pe de guerra, como no puxemos cando atacaron ó noso Eume con autovías contaminantes. |
|||||
| < Anterior | Seguinte > |
|---|




